martes, 24 de junio de 2014

Cronica

Hoxe na terceira ruta que fago con Paso Miúdo tócame facer a min a crónica; non son moi experta nesto de expresarme, pero bueno, vouno facer o mellor que poda.

Primeiro dicir como cheguei ata aquí, a ser unha principiante sendeirista: Despois de ver fotos e fotos das rutas sempre me quedaba coas ganas de dar o paso, non porque sexa eu tímida ,pensaredes os que estades lendo isto, porque son moi faladora, pero as veces paréceche que xa está o grupo feito... falade con Angel.

Vino un día que estaba traballando, sería o mes de decembro, e pregunteille, o das rutas e explicoume como era, as fechas previstas, e entón mirei o cuadrante do traballo e a verdade non me coincidía ningunha que eu estivera libre ata o 6 de abril, e ata aquela relaxeime; pero acercábase o día e dixen...agora teño que cumprir coa miña palabra pero nas tiña todas comigo, ata que para todo hai que ter sorte, que dúas rapazas, que coñecía eu de Burela, tamén ían e entón xa non había marcha atrás;e alí entrei eu, na páxina de Paso Miúdo, para inscribirme para a Ruta do Ferro no Incio, que me encantou, na que fun moi ben recibida, coma se fora sempre con eles, e o 27 de Abril xa estaba eu participando no 3ªEncontro Astur-Galaico, e hoxe na Travesía da Costa Naviega;

Como cambian as tornas, sobre todo cando disfrutas co que fas e coa compañía, xa que anteriormente non cambiara ningún turno de traballo para ir de sendeirismo, polo que tiven que esperar ata o 6 de abril que me coincidira para poder ir ( porque non sabía o que me perdía), pero agora, que estou tan agusto, e vexo que merece a pena, onte traballei 14 horas para poder estar aquí hoxe disfrutando con esta ruta;

Soaba o espertador as 06:50 para preparar as cousas porque onte estaba rebentada, e despois de organizar todo ou nada, xa que non levaba case de reposto( so unha camiseta e uns calcetíns)

Fun para o punto de partida de Paso Miúdo, a Casa da Cultura de Ferreira; alí xa estaba Angel, e o resto dos compañeiros, para darnos un agasallo, unha camiseta fluorescente, non nos quería perder; non me estraña, iamos os mellores de cada casa. e logo subir ó autobús compartín asento con Ramira, ata que chegou a parada do café, en Tapia; Unha vez coas pilas cargados xa fomos para o punto de saída do que sería a Travesía Naviega, que era El Bao, en Villapedre; pero xa non deixaron un pouco antes, porque a Garda Civil non lle deixou acceder ó noso autobús e tivemos que ir andando, menos mal que o traxecto era pequeno, pero o gracioso do caso e que ó resto dos autobuses deixáronlle acceder, debéronos ver a cara, pero ata non rimos, que é o importante.

Unha vez todos no Bao quitamos a foto de rigor e houbo quen foi buscar un chocolate, xa que era a benvida, e logo avisados por Angel, puxemos no comezo da ruta, para saír dos primeiros, xa que polo que nos dixo ó ir tantos sendeiristas, prevíanse 2000, facíanse longas colas para pasar por sitios estreitos;

Empezamos a ruta con moita ilusión e eu disparando fotos, xa pensei que ia encher a memoria nos 2kms primeiros, pero non foi así; a primeira vista bonita era a Praia de Barayo, onde xa había gaiteiros animándonos igual que membros de protección civil; xa o sol nos acompañaba na ruta; na Tornil estaba previsto a bolsa de tentempie, que levaba do queixos pequenos, mermelada de albaricoque e ciruela, auga e 3 caramelos, que a verdade agradeceuse un montón, e iso que estábamos empezando.

Seguiamos a nosa ruta pola Senda da Costa Naviega, coas nosas subidas e baixadas polos sendeiros e acompañábamos un helicóptero da Garda Civil, durante uns minutos, e tamén protección civil, estábamos como queríamos; e así seguimos camiñando, ata chegar a Puerto de Vega. que había festa, onde volvemos a tomar un refrixerio, eu e Luisa non tivemos tanto sorte coma o resto, co Bar Gaivota, xa que o camarero non tiña moita ansia e tivemos que inténtalo noutra cafetería, onde os nosos desexos se viron cumpridos.

Dende alí xa fomos directos ata a seguinte parada que sería onde xantariamos a sombra das árbores,e o son das gaitas e coa posibilidade de refrescar os pes, na Praia de Frexulfe, xa levabamos 11 kilómetros; disfrutamos dun bolo préñao exquisito e co noso postre;unha vez rematado o xantar, fomos mollar os pés a Praia, que era insoportable o calor que desprendía a área de cor escura

Cos pés cheos de area dispuxémonos a afrontar a 3ª etapa e última, e quizáis máis dura, por 2 subidas e quizais tamén pola parada a comer e pola compañía do sol, moitos inconvintes en pouco tempo, pero que foron superados o chegar a Praia de Coedo, donde nos invitaban a sangría ou refrescos varios, nun principio empezamos con dúas, pero logo animáronos a terceira, porque nos dixeron que eran moi boa, polo azúcar, e non estábamos dispostos a facerlle un feo a mingúen, jaja.

E ata chegar ó remate do día, antes pasamos pola Praia de El Moro, unha Praia, que pasaban as ganas de ir a ela, xa que tiña moi pouco areal, e moitas escaleiras, que cando chegaras embaixo dáballe tempo a subir á marea.

O final da senda, puidemos observar un monumento adicado ó emigrante dende o que se podía observar a Praia de Navia, onde desemboca a ría de dita localidade e onde había unha área recreativa onde fixemos a nosa última foto deste día tan completo e esta ruta tan fermosa, xa que durante case todo o traxecto fomos por sendas o son do mar

Por certo, tiven que renunciar a dúas comidas pero podo dicir que mereceu a pena,xa que o o pasei xenial; as fotos o dicen; gracias a todos os que compartistes comigo esta ruta;

Rocio SoUto